Es "Memorias de Compostela" un proyecto en virtud del cual se pretende establecer un nexo entre el pasado, el presente y el futuro de una ciudad única. Imágenes, recuerdos, curiosidades, personajes... El Santiago de hoy, de ayer y de siempre.
As fotos non son no mesmos sitio, a foto antiga ven sendo o lavadoiro que había a pé da Ponte do Sarela en Sta. Isabel, xusto en frente da antiga fábrica de curtidos de Guillermo Fernández Juanatey e a súa Dona e que despois foi a fábrica de gaseosas "A fonte d'ouro". Póñase de pé na ponte e mirando para a catedral e verá que estou no certo... e que son moitos anos xogando nese rego. Ese tramo de rego de auga que se ve non é propiamente o río Sarela, senón que é a canle do muiño que había xusto diante da casa nº 3 da rúa Santa Isabel, casa naque nacía aló polo 1956. Doutro lado do río Sarela estaba ese muiño que xa lembro abandoado na miña infancia, e ao que se chegaba mediante unha ponte de madeira feita con dous troncos. Esa canle de muiño que tamén facía de canle de rego aos prados, pasaba por enriba do regato do Corvo (creo que se chamaba así), o regato que ven dende Vite pasando polas casas do curraliño e por debaixo da estrada a Sta. Comba (Galeras) xusto diante da taberna "O sacho", taberna que facía esquiña con entrerríos e que hoxe ven sendo a tenda de reparacións de Víctor. A foto recente corresponde ao lavadoiro que hai entre tras Sta. Isabel e a aldea da Asén.
As fotos non son no mesmos sitio, a foto antiga ven sendo o lavadoiro que había a pé da Ponte do Sarela en Sta. Isabel, xusto en frente da antiga fábrica de curtidos de Guillermo Fernández Juanatey e a súa Dona e que despois foi a fábrica de gaseosas "A fonte d'ouro".
ResponderEliminarPóñase de pé na ponte e mirando para a catedral e verá que estou no certo... e que son moitos anos xogando nese rego.
Ese tramo de rego de auga que se ve non é propiamente o río Sarela, senón que é a canle do muiño que había xusto diante da casa nº 3 da rúa Santa Isabel, casa naque nacía aló polo 1956. Doutro lado do río Sarela estaba ese muiño que xa lembro abandoado na miña infancia, e ao que se chegaba mediante unha ponte de madeira feita con dous troncos. Esa canle de muiño que tamén facía de canle de rego aos prados, pasaba por enriba do regato do Corvo (creo que se chamaba así), o regato que ven dende Vite pasando polas casas do curraliño e por debaixo da estrada a Sta. Comba (Galeras) xusto diante da taberna "O sacho", taberna que facía esquiña con entrerríos e que hoxe ven sendo a tenda de reparacións de Víctor.
A foto recente corresponde ao lavadoiro que hai entre tras Sta. Isabel e a aldea da Asén.
Sí, certamente é así..!
ResponderEliminarEu tamén, nacida no 53, xoguei moito nese regato, mentras as nosas nais lavaban a roupa, e tamén lavei, aí e en Morón.
Sí, certamente é así..!
ResponderEliminarEu tamén, nacida no 53, xoguei moito nese regato, mentras as nosas nais lavaban a roupa, e tamén lavei, aí e en Morón.